Xabarín
Nome científico:
Sus scrofa (Linnaeus, 1758)
OUTROS NOMES:
Porco bravo
NOME ESPAÑOL:
Jabali
Tipo:
Mamíferos
HÁBITATS:
Bosques
Montes
CORES:
Marron, gris, negro.
NÚMERO DE PATAS:
4
DESCRICIÓN:
Animal vertebrado, mamífero da familia dos súidos, moi común en Galicia.
Peso: ata 90 kg (machos) ata 65kg (femias)
Lonxitude cabeza-corpo: 90 - 170 cm.
Lonxitude rabo: 22 cm.
Altura ata a cruz dos ombros: 35-50 cm.
Promedio de vida: 2-5 anos.
Animal parecido ó porco doméstico pero cun pelaxe marrón escuro, castaño, uns longos cairos coñecidos como navallas situados a maior altura nos cuartos dianteiros.
As navallas (cairos) son a súa arma defensiva e poden chegar a medir 30 cm nos machos, o que é unha terrible ameaza para os seus depredadores.
As crías nacen cunhas raias no lombo de cor branca e a pelaxe de cor castaña clara. Pouco a pouco van adquirindo a pelaxe do adulto, polo que se poden encontrar xabatos de marróns variados. Os exemplares adultos poden chegar a ter a pelaxe case negra.
HÁBITAT:
Moi común nos montes e bosques de Galicia. Polo día é sedentario pero pola noite pode desplazarse a grandes distancias (ata 14km).
DISTRIBUCIÓN:
Aparece en todo o territorio, incluso nas zonas urbanas.
ALIMENTACIÓN:
De alimentación omnívora. Degusta landras e castañas dos montes, pero tamén miñocas (son frecuentes o rastros desta actividade), froitas, cogomelos, insectos ou plantas.
COSTUMES
É un animal sociable e pódese encontar en familias matriacais de ata catro individuos.
Na época de celo os machos buscan ás femias dunha maneira moi activa e ata chegan a esquecerse da súa propia alimentación.
Como o xabaríl ten as glándulas sudoríparas atrofiadas regula a súa temperatura corporal con baños de lama. Esta actividade adoita deixar rastros nos montes. Estes baños teñen tamén un rol nas súas relacións sociais e territoriais.
RISCOS:
Nalgunhas zonas as batidas estano a por en risco. Mentres que noutras, a causa da falta de depredadores naturais, hai superpoboación.
USOS HABITUAIS:
É un dos animais de caza máis apreciados. Tradicionalmente cazado en toda Galicia para alimentación.
CITADA NA SEGUINTES ENTRADAS DO BLOG
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: