
A osga común, ladra, ou lasca, (Tarentola mauritanica) é un pequeno réptil da familia dos xecónidos, que vive en gran parte dos países mediterráneos.
En Galicia localízase en diversas zonas do suroeste. Tradicionalmente, ata os anos 90, estaba presente unicamente nas comarcas de Verín e de Valdeorras.. Porén, nas últimas décadas, quizais grazas ao camiño de ferro como vector de propagación, tense rexistrado en Ourense (nas proximidades da estación do tren) e en Monforte, importante nó ferroviario.
Porén, no resto da Península Ibérica é común, excepto na cornixa cantábrica, sendo denominada salamanquesa en Castela, dragó/dragonet nos Países Cataláns e osga-moura ou osga-comum en Portugal.
Acceder - Rexistrarse


