
O lagarto arnal, ou lagarto ferreño, Timon lepidus (antes Lacerta lepida), é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das que na actualidade integran o xénero Timon.
T. l. lepidus Daudin, 1802 T. l. nevadensis Buchholz, 1963
É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola. A coloración de fondo no dorso adoita ser verde, pero ás veces pode ser gris o apardazada, especialmente na cabeza e na cola, e presenta dúas bandas de pintas ( ocelos) azuis interconectadas.
Acceder - Rexistrarse


