
A víbora de Seoane ou víbora común (Vipera seoanei) é unha especie de réptil da orde dos escuamados e familia dos vipéridos.
Habita unicamente no norte de España, en Galicia, Asturias, León, Cantabria, País Vasco e norte de Navarra, no extremo norte de Portugal, na serra do Gerês, nos concellos de Castro Laboreiro, Arcos de Valdevez (freguesía do Soajo) e Tourém, e nunha pequena parte do suroeste de Francia, na metade occidental do departamento dos Pireneos Atlánticos.
En Galicia abunda en todo o país, excepto nos vales máis secos da provincia de Ourense, desde o nivel do mar até as altas montañas. No Courel pode atoparse ata os 1 300 m de altitude.
Acceder - Rexistrarse


