Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Animal vertebrado, mamífero da familia dos cánidos, moi común en Galicia.
Peso: ata 14 kg.
Lonxitude cabeza-corpo: 45 - 90 cm.
Lonxitude rabo: 55 cm.
Altura ata a cruz dos ombros: 35-50 cm.
Promedio de vida: 2-5 anos.
A súa pelaxe é de cor parda, variable ó longo do ano, pero cunha franxa branca pola barriga e pola parte baixa da cabeza. Branca tamén é a punta do sea rabo, moi característico por levalo case sempre en alto. As puntas das orellas e a parte inferior das patas son de cor negra.
Principalmente habita nos bosques e pastos, incluso preto dos asentamentos humanos. O seu territorio de alimentación é bastante amplo e pode chegar a máis de 40 hectáreas, ou incluso máis segundo a dispoñibilidade de alimento.
É un habitual en toda Galicia.
O raposo é omnívoro, pódese alimentar de froita (silvestre ou de producción agrícola) ou de animais pequenos (ratas, serpes, lagartos) que caza con gran habilidade.
O raposo entra en actividade durante o solpor e pode variar os seus costumes se as horas de luz e o alimento son escasos. Normalmente é un animal solitario, inda que pode levar unha vida en parella ou en grupos dun macho con ata tres femias.
Durante a época de celo (a comezos do inverno) o macho vive en parella e posteriormente coopera coa femia na crianza dos cadelos.
A caza indiscriminada que se fai nalgunhas batidas. Os atropelos nas estradas. O envenenamento ilegal intencionado. As trampas ilegais intencionadas.
Na maior parte de Galicia: Preocupación Menor. Nalgúns puntos escasea debido ós elementos de risco.
Segundo algunhas crenzas galegas, a súa presenza preto dunha casa ou na leira desta é un indicativo de que unha ánima familiar ou coñecida vén facer unha visita.