Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
  
 Acceder  -  Rexistrarse  
ENLACES:

Da Wikipedia

A lagarta das brañas (Zootoca vivipara, antes Lacerta vivipara), é unha lagarta de Eurasia, que se caracteriza por ser o réptil que vive máis ao norte, mesmo en zonas frías, e porque a maioría das súas poboacións son ovovivíparas, é dicir, non expulsa os ovos, senón que estes eclosionan dentro da femia e pare as crías vivas, aínda que as poboacións galegas son ovíparas. É a única especie do xénero monotípico Zootoca (antes estaba clasificada no xénero Lacerta).

A lonxitude do corpo é menor de 12 cm excluído o rabo. O rabo ten unha lonxitude de ata dúas veces a do corpo, aínda que a miúdo o perderon parcial ou totalmente. As patas son curtas, polo que non é unha boa corredora, e a cabeza é bastante redonda. Os machos teñen corpos máis delgados ca as femias. O pescozo e o rabo son grosos. O colar e outras escamas aparecen dentadas.

A cor e patrón de debuxo desta especie é variable. A principal cor é normalmente marrón, mais pode ser tamén gris, marrón olivácea ou negra. As femias poen ter bandas escuras nos seus flancos e baixo a parte media das costas. Ás veces as femias teñen tamén bandas de cores claras, ou manchas escuras e claras ao longo dos lados das costas. A maioría dos machos e algunhas femias teñen manchas escuras na parte inferior. Os machos teñen a parte inferior de cores brillantes, xeralmente amarela ou laranxa, e máis raramente vermella. As femias teñen a parte inferior máis branquecha e clara. A gorxa é branca, ás veces azul.

Texto extraído de «Lagarta das brañas», Wikipedia, a enciclopedia libre (artigo; consulta 2026-02-04). Licenza CC BY-SA 4.0.

CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA