Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Bosques Brañas
COR DA FLOR: Rosado, branco.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 3
NÚMERO DE SÉPALOS: 3
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie pódese atopar en toda Galicia en marismas e bordos de cursos de auga.
Acada ata 120 cm e ten 3 sépalos e 3 pétalos.
Pode diferenciarse de Alisma lanceolatum With., outra especie presente en Galicia, polas follas que nesta son lanceoladas co limbo atenuado (de máis a menos) a diferencia de Alisma plantago-acquatica L., que as ten con base subauriculada e con forma ovada.
Alisma: provén do grego ἄλισμα álisma (plátano), nome dunha planta acuática mencionada por Plinio e Dioscórides.
Plantago-aquatica: este epíteto específico procede do xénero Plantago, é dicir de plánta (planta do pé), semellante á planta do pé, en referencia ao tamaño das follas do plátano maior; e de aquaticus aquaticus (relativo á auga), plátano de auga, para as follas que lembran ás do plátano e para o seu ambiente de crecemento.