DESCRICIÓN:
Esta especie podemos atopala nas catro provincias galegas, máis abundante cara o norte, en matogueiras, toxeiras ou cantís e areais litorais.
Bulbo de 2-5 cm, talo de sección circular e 2-6 follas. A inflorescencia ten de 15 a 45 flores campanuladas con 6 tépalos branco rosados.
Allium: nome en latín do allo, citado por Plauto, Plinio e outros (de orixe incerta, probablemente do grego ἄγλῑς áglis capo d'aglio; o Webster Dictionary, baseado na orixe asiática, propón unha posible conexión co sánscrito āluka)
Do celta all que significa queimar, ardente, polo sabor picante e forte cheiro en particular o allo común, Allium sativum L.
Ericetorum: xenitivo plural de ericétum, de ericeti, terra colonizada por breixos.