Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas -
HÁBITATS:
Pastos Dunas
COR DA FLOR: Amarelo, vermello, branco, rosa.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que pode ser anual, bienal ou perenne, a subespecie das fotos é a subsp.iberica e pode verse en areais e cantís costeiros, mentres que a subsp.alpestris vese en pastos ou cantís de montaña.
As follas dos talos estériles vense reducidas a un folíolo terminal, logo ten follas compostas de 5-9 folíolos co terminal máis longo.
Pode ter flores de rosa a púrpura, amarelas ou brancas.
Anthyllis: nome xenérico que provén do grego antigo anthyllis (planta con flores), anthýllion (flor), de anthos (flor). O xénero foi establecido por Rivinus e revalidado por Linneo para plantas que nada teñen que ver coas ditas; aínda que Dodonaeus e Lobelius xa incluían entre as súas Anthyllis plantas que hoxe chamamos así.
Vulneraria: de vúlnus, -neris (ferida, que se aplica ás feridas, que cura as feridas).