DESCRICIÓN:
Especie hemiparásita que pode verse en Galicia en pastos, cunetas ou bordos viarios, areais ou piñeirais costeiros.
Pode atoparse nalgunhas guías co nome sinónimo de Barsia trixago L.
Hai formas brancas coma a das fotos ou amarelas que poden confundirse se non nos fixamos ben con Parentucellia viscosa (L.) Caruel.
Bellardia: xénero dedicado ao médico, botánico e micólogo italiano Carlo Antonio Lodovico Bellardi (1741-1826), profesor da Universidade de Turín.
Trixago: especie de camedrio, nome dunha planta mencionada por Plinio e outros autores latinos.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: