Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Pastos Infértiles Dunas
COR DA FLOR: Amarelo
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 6
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que pode verse en toda Galicia, máis escasa en Ourense. Medra en pastos, bordos viarios ou entornos dunares.
Este xénero conta con varias especies en Galicia e para diferencialas desta habería que atenter a:
Follas: as inferiores está dispostas en roseta basal, as do talo son connatas, é dicir que se desenvolven xuntas e permanecen soldadas entre elas (pode verse claro cunha frecha vermella nunha das fotos).
Cálices: divididos en lóbulos lineares e non pasan de 1 mm de ancho.
Corola: amarela, con 6-9 lóbulos de 4-10 mm de longo.
Blackstonia: xénero dedicado ao farmacéutico e botánico inglés John Blackstone (1712-1753), autor de Fasciculus plantarum sobre Harefield sponte nascentium ... (1737) e Specimen botanicum quo plantarum ... (1746).
Perfoliata: do prefixo grego περι- peri- (con follas ao redor) e de foliatus (perfoliadas), coas follas rodeando completamente o talo.