DESCRICIÓN:
Especie que podemos ver nas 4 provincias galegas en montes, herbazais, pastos e beiras de camiños.
Os talos poden acadar ata os 200 cm con inflorescencias en acio coas flores erectas na floración, estas cos cálices papilosos, pentámeras (coa corola formada por 5 pezas) e infundibiliformes (con forma de funil).
Campanula: nome xenérico que deriva do latín e que significa pequena campá. Fuchsio, en "De historia stirpium commentarii insignes" (Basilea, 1542), denominou así a unha planta, do futuro xénero tournefortianolinneano Campanula, pola forma da súa corola.
Rapunculus: diminutivo de rápum (rapa): polas raíces inchadas como as dos pequenos nabos.