DESCRICIÓN:
Planta vilosa que pode alcanzar os 70 cm, ten unha mouta basal de follas coa contorna de dentada a pinnada, e as caulinares máis pequenas progresivamente cara arriba, sésiles e amplexicaules.
É doadamente recoñecible polos seus froitos en forma de corazón, o nome da especie fai referencia ó parecido co zurrón de pastor.
É unha especie común en Galicia e cosmopolita, que pode verse en todo o mundo, arvense e ruderal que medra nos cultivos, beiras de camiños, terreos abandonados ou alterados.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: