Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Bienal
HÁBITATS:
Pastos Infértiles
COR DA FLOR: Branco
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 4
NÚMERO DE SÉPALOS: 4
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que pode verse en toda Galicia á beira de regatos e lugares húmidos de bosques, cunetas ou muros.
Especie similar á Cardamine hirsuta L. Para diferencialas habería que atender a diferentes características:
- Cardamine hirsuta L: talos rectos e provistos de poucas follas (de 2 a 6), 4 estames normalmente e froitos que superan con claridade ás flores superiores. Os froitos van en disposición erecta: de 45° a paralelos respecto ao eixo. É máis común en ambientes humanizados.
- Cardamine flexuosa With.: talos flexuosos e provistos de(4) 6-10 (15) follas, 6 estames e froitos que, en xeral, non sobrepasan ás flores superiores. Os froitos van en disposición erecto-patente de 45° a 90° respecto ao eixo. É máis común en ambientes naturais.
Fotografía comparativa na galería.
Cardamine: do grego Kardamine (cardamomo), quizais de καρδία cardía (corazón) e de ἀμύνω amýno (defender), polas supostas propiedades cardiotónicas.
Flexuosa: cheo de curvas, tortuoso, en referencia aos seus talos.