DESCRICIÓN:
Especie que pode parecer anual, inda que é perenne ou bienal ás veces. Medra en lugares abertos en prados húmidos ou perto de regatos e fontes. Diferénciase doutras especies galegas do seu xénero por ter os pétalos moito máis longos que os sépalos. Ten 5 pétalos bífidos o que dá a impresión de que son o dobre. É unha especie cosmopolita, que pode atoparse en todo o mundo e, a que medra en Galicia, sería a subespecie vulgare.
Cerastium: nome xenérico que vén do grego: keras (corno), probablemente referido á forma dos froitos do xénero.
Fontanum: epíteto latino que vén a significar das fontes, por ter predileción polos lugares húmidos.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: