Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Folla perenne
HÁBITATS:
Bosques Pastos Brañas
COR DA FLOR: Violeta
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que atoparemos en Galicia en prados húmidos, bordos de cursos de auga, pantanos, turbeiras ou bordos viarios encharcados.
Ten as follas espiñentas e decorrentes pola caule (talo). Capítulos (flores compostas) en glomérulos terminais, brácteas florais cunha pequena espiña a diferencia con algunha especie de Carduus que son máis espiñentas. A corola é de cor púrpura violeta.
Cirsium: do grego κ?ρσιον kírsion (cardo), e este de κρισ?ς kirsós (varice, inchazo das veas): esta patoloxía foi tratada no seu día con plantas pertencentes a este xénero.
Palustre: Do lat. paluster, palustris, -tris, -tre (palustre, pantanoso, cenagoso), porque vive nesos lugares [lat. palus, -udis f. = pantano, lagoa, estanque].