DESCRICIÓN:
Esta especie pode verse nas catro provincias galegas en prados ou beiras de camiños, tamén en cantís ou prados preto do mar.
Nalgunhas guías podémola atopar co antigo sinónimo de Chamaemelum mixtun (L.) All. Diferénciase dela nas follas caulinares que son pinnatisectas. En Cladanthus mixtus (L.) Chevall. serían bi ou pinnatisectas. Tamén nas lígulas (o que semellan pétalos nas compostas) desta última que estarían coloreadas de amarelo na base, e ademais é menos aromática.
Cladanthus: do grego κλάδος cládos (póla) e άνθος ánthos (flor): en referencia á floración nas pólas.
Mixtus: epíteto latino que significa misturado, polos caracteres botánicos que parecen misturados de varias especies ou híbridos.