Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Árbores - Caduca
HÁBITATS:
Bosques Brañas
COR DA FLOR: Verde, vermella
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: Hazel, Portugués: Aveleira, Euskera: Urra, Astur: Ablanu, Catalán: Avellaner.
Árbore caducifolia que medra polo xeral recta dende a base e pode chegar ata os 8 metros de altura.
O tronco pode aparecer de forma individual ou agrupado en varias varas rectas moi características desta especie.
Polo xeral, atópase en lugares de sombra e húmidos, como bordes de ríos e regatos, así como brañas e zonas con abundante auga.
Ocasionalmente tamén aparece en lugares soleados e pedregosos.
As sementes, as abelás, son moi consumidas na actualidade e é un froito seco usado habitualmente na repostería.
Moi coñecido o seu uso en mezclas con chocolates e cremas de cacao.
As varas rectas desta árbore son apreciadas na cestería e tamén para facer toneis, pola sua facilidade para traballalas e pola súa resistencia.
Tamén se estrae da semente un aceite con uso alimentario, lubricante, perfumes, xabóns, ...
A semente é consumida dende a prehistoria polos seres humanos.
A súa madeira foi usada desde sempre para vigas estreitas e resistentes.
Tamén na industria militar era un dos mangos preferidos para lanzas, machadas, alabardas.
Podemos encontrar referencias a esta madeira para a fabricación de bastóns, paos, mangos e moitas outras ferramentas.