Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Raiz perenne
HÁBITATS:
Bosques Montes Pastos
COR DA FLOR: Branco, violeta, lila.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
NÚMERO DE TÉPALOS: 6
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie pode verse nas 4 provincias galegas, en pastos, bosques e montes.
O xénero Crocus pode diferenciarse doutros da familia por ter 3 estames e un estilo rematado en fimbriado (como un pincel).
Dentro do seu xénero pode diferenciarse doutras especies por florecer en outono e ter follas durante esa floración, ás veces son moi pequeniñas.
Posúe un pequeno bulbo de 8-15 mm por 6-15 mm, 6-15 follas coetáneas na floración e 1-2 flores por bulbo dun tamaño de 30-135 mm, campanuladas e con 6 tépalos cunhas cores que van do branco ao lila.
Crocus: nome xenérico que deriva da palabra grega: κρόκος krokos. Esta, á súa vez, é probablemente unha palabra tomada dunha lingua semítica, relacionada co hebreo כרכום karkom, co arameo כַּרְכֹּמָא kurkama e co árabe كركم kurkum, que significan "azafrán" (Crocus sativus), "azafrán amarelo" o cúrcuma. A palabra, en última instancia, remóntase ao sánscrito kunkumam (कुंकुमं) para "azafrán" a menos que sexa en sí mesmo descendente da palabra semita.
Serotinus: epíteto latino que significa "da tarde".