Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Árbores - Perenne
HÁBITATS:
Bosques Montes Infértiles
COR DA FLOR: Amarelo.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie é abondosa en Galiza e pode verse en montes, bosques, bordes de camiños, cultivos abandonados, piñeirais, sobre todo tipo de chans.
Este arbusto mide entre 1-2m de alto ainda que pode acadar mais.
Ten ramas con 5 costelas en forma de V invertida o que pode diferenciala de outras especies.
As follas son unifoliadas as das ramas xóvenes e as das vellas, trifoliadas.
O cálice é glabro e pequeno 5-6,5 mme. Teñen unhas chamativas corolas amarelas e 4 estames longos, 1 mediano e 5 curtos.
Os froitos poden diferenciarse doutras especies de Cytisus por ser pelosos só nos bordes da legume.
Cytisus: Nome latino dunha alfalfa, este do grego κυτίσος cýtisos cytiso, unha leguminosa leñosa.
Scoparius: do latín scopa -ae, apto para facer vasoiras ou semellante a unha vasoira.