DESCRICIÓN:
Esta especie de xesta pode alcanzar os 2 m. Ten as follas dun foliolo e a quilla amarela con estandarte de branco a crema, ainda que admite variabilidade e poden verse exemplares coa corola toda amarela ou misturadas coas bicolores.
Endemismo do norte penínsular, desde a cordilleira cantábrica ata a provincia da Coruña, o seu límite sur estaría á altura de Guitiriz.
Cytisus: do grego κῠτῐσος cýtisos citiso, nome de dúas leguminosas, que son unha alfafa Medicago arborea L. e un codeso Laburnum anagyroides Medik.
Commutatus: epíteto latino que vén a significar cambiado, modificado, diferente doutros taxones deste xénero.