DESCRICIÓN:
Esta especie pode verse en toda Galicia, pero é mais común cara o norte, xa que prefire máis fresco.
Medra en prados, beiras de camiños ou de cursos de auga.
A sua raíz son 2 tubérculos, palmatipartidos (divididos máis aló da metade).
As follas son oblongo-lanceoladas ou lanceoladas.
As flores teñen cores rosadas violáceas con manchas brancas, que poden variar de ton. O labelo sería o pétalo central modificado para atraer aos insectos.
Temos que fixarnos ben na forma da flor para diferenciar as especies de orquídeas.
Dactylorhiza: do grego δακτυλοϛ dáctylos (dedo) e de ῥίζα rhíza (raíz): coas raíces divididas coma os dedos dunha man.
Elata: do participio pasado de effero (elevar). Porque acada gran altura dentro do seu xénero.