DESCRICIÓN:
Esta especie de orquídea podemos atopala en toda Galicia e medra en prados, matogueiras, turbeiras, bordos de cursos de auga e beiras de camiños.
As suas raíces son tubérculos, nesta especie palmatipartidos (divididos en porcións que acadan máis da metade).
As follas van de lanceoladas a oblanceoladas, a miúdo con manchas púrpureas circulares.
Nas flores das orquídeas hai que fixarse ben na forma e nas cores, que nesta especie poden ser variables, con varias subespecies.
Como tódalas orquídeas tén o pétalo central modificado nun labelo para atraer ao insecto polinizador.
Dactylorhiza: do grego δακτυλοϛ dáctylos (dedo) e ῥίζα rhíza (raíz): coas raíces divididas coma os dedos dunha man.
Maculata: epíteto latino que significa con mácula, polas manchas nas follas.