Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Raiz perenne
HÁBITATS:
Bosques Ornamental / produtiva
COR DA FLOR: Amarelo, verde.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
NÚMERO DE TÉPALOS: 6
MESES DE FLORACIÓN:
Especie gabeadora que pode verse nas 4 provincias galegas, medra en bosques ou gabeando setos de xardíns.
As follas son ovado cordadas e longamente acuminadas, máis trilobuladas canto máis vellas.
É unha especie dioica (con individuos de diferente sexo). A inflorescencia masculina é alongada e laxa de ata 35 cm, a inflorescencia feminina é máis curta e apretada de ata 7 cm e con menos flores. As flores masculinas teñen 6 estames e tépalos amarelo-verdes e as femininas 3 estilos con estigmas bífidos e tépalos verdosos. A polinización faise de xeito anemógama (a través do vento) ou entógama (a través de animais), neste caso a través de insectos das familias Andrenidae e Halictidae.
Os froitos en baga conteñen de 1 a 6 sementes.
Comparte nomes comúns como saltasebes ou nueza negra coa Brionia dioica, especie á que se pode parecer cando se murchan as follas e só quedan froitas. Poden diferenciarse porque a Discorea communis enrédase no sentido contrario ás agullas do reloxo (levoxiro) e por non ter gabiáns.
En moitas guías aínda pode atoparse co anterior nome sinónimo de Tamus communis L.
Dioscorea: xénero dedicado a Pedanius Dioscorides Anazarbeo (de Anazarbo Asia Menor), médico da cultura grega, botánico e farmacéutico, que viviu no século I d.C.
Communis: epíteto latino que significa común, vulgar.
Tamus: nome tomado de Linneo de tamnus, antigo nome latino empregado por Plinio, Apici e Columella para referirse ao tamaro, unha especie silvestre usada como alimentaria, pero só os brotes como espárragos; os froitos, follas son tóxicos.