DESCRICIÓN:
Pequena especie de 3-18 cm, de pequenos pétalos de entre 1'5 e 3 mm, bífidos ate case a base.
Da familia Brassicaceae, que pode verse en toda Galicia. Ruderal e arvense, ou sexa que medra en cultivos ou ambientes humanizados.
A que vemos nas imaxes atopámola no piñeiral de Morouzos, Ortigueira.
Etimoloxía:
Draba: do grego δράβη drábe, nome dunha planta en Dioscórides (quizais Cardaria draba ou Lepidium draba); De Theis escribe que segundo Linneo (Phil. Bot.) Δράβη significa ácedo, picante, en referencia ao sabor das follas.
Erophila: do grego ἦρ ἦρος ér éros (primavera) e φίλος phílos (amigo, amante): pola pronta floración.
Verna: de ver, véris (primavera): referido ao período de floración ou aparición.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: