Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Bienal
HÁBITATS:
Pastos Infértiles Dunas
COR DA FLOR: Amarelo, verde.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie de leiteiriña pode verse en Galicia nas 4 provincias e prospera como ruderal e cultivable en pastos ou rochas marítimas.
Pode acadar ata 100 cm de alto, con talos sinxelos coma este ou ramificados desde a base.
As follas medias son lineais ou lanceoladas, 27-40 mm, 6-18 mm máis alongadas que a Euphorbia portlandica, coa que pode compartir hábitat e confundirse.
Euphorbia: de Εὐφόρβος Euphorbos, Euforbo, médico grego de Juba II rei de Numidia, que segundo Plinio descubriu as virtudes medicinais desta planta; o nome Euphorbus deriva de εὖ éu (ben) e de φορβάω phorbáo (nourish) ou de φορβή phorbé (nutrición): ben nutrido. Segundo Treccani deriva do latín clásico euphorbium/euphorbia.
Segetalis: do latín segetalis, -e, que medra nos campos de trigo -caso normal-, entre a colleita (lat. seges, -etis f. = campo, campo de cereal, a colleita antes de segar, etc.).