Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Bosques Infértiles Ornamental / produtiva
COR DA FLOR: Verde
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 4
MESES DE FLORACIÓN:
Pequena herba que pode pasar desapercibida. En Galicia atopámola en pastos ou xardíns.
Medra ata 50-70 cm, como moito, cos talos moitas veces enguedellados. As follas son verticiladas en grupos de 6 ou 7 con pequenos dentes antrorsos e 1 nervio. As pequenas flores son verdosas coa corola de 0'5-1'25 mm, con 4 lóbulos. Neste caso os mericarpos (froitos) poden ser glabros (sen pelos) ou non, de tamaño entre 0'5-1'25 mm.
Na Península Ibérica podemos ver dúas subespecies: a subsp. parisiense coa inflorescencia (conxunto das flores) piramidal e máis longa que ancha, cos pédunculos máis estreitos ca o eixo central, e as penúltimas flores non superan en altura ás últimas; todo o contrario que a subsp. divaricatum.
Esta da foto é Galium parisiense subsp.parisiense var.leiocarpum, ao ter os froitos glabros.
Galium: do grego γάλα gála (leite): porque algunhas especies pertencentes a este xénero se usaban para coagular o leite.
Parisiense: epíteto xeográfico que fai referencia á cidade de París.