DESCRICIÓN:
Especie non moi habitual en Galicia que procede de zonas máis mediterráneas. Ruderal e arvense, podemos vela en areais, terreos pedregosos, cultivos abandonados, xardíns, terreos incultos, ou bordos viarios.
Esta herba pode medrar ata os 75 cm de xeito ascendente ou procumbente, con talos xeralmente ramificados desde a base, moi foliosos (con moitas follas).
As flores están dispostas en capítulos multifloros con lígulas amarelas. O involucro sería cilíndrico ou campanulado na antesis e globoso ou subgloboso na fructificación coas brácteas dispostas en 2-3 series.
Hedypnois: do grego ἠδύπνοΐς hedýpnois edipnoide, palabra composta por ἠδύς hedýs (doce) e por πνέω pnéo (sopro). Nome dunha especie de achicoria silvestre da que Plinio presume polos seus efectos saudables.
Rhagadioloides: semellante a un Rhagadiolus, outro xénero desta familia de compostas.