Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Raiz perenne
HÁBITATS:
Bosques Pastos
COR DA FLOR: Azul, branco.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que podemos ver en Galicia en terreos húmidos de fragas, bosques ou prados.
Para diferenciar o xénero doutros como a Scilla haberá que fixarse en que ten dúas brácteas por pedicelo.
Nesta especie as flores son olorosas, azuladas e nalgunha ocasión (máis raro) brancas. Aparecen dispostas unilateralmente, péndulas e cos tépalos unidos en máis de 2/3 da súa lonxitude.
Ten 3-4 (5) follas por bulbo máis curtas que a caule.
O bulbo é pequeno, de 2-3 cm.
Hyacinthoides: de Hyacinthus (xacinto) e do grego εἷδος eídos (aspecto, aparencia), é dicir, semellante ao xacinto.
Non-scripta: a partir da negación non e do participio pasado de escriba escribe (aínda non descrito), este epíteto foi engadido para diferencialo do xancinto clásico, descrito no grego.