DESCRICIÓN:
Especie que podemos atopar nas 4 provincias galegas en ribazos, claros de bosques, matogueiras ou uceiras. As follas son características, anchamente ovadas ou triangulares e decusadas (cando un par de follas opostas medra no sentido perpendicular ao par anterior, formando cruces ao miralos desde arriba).
Hypericum: do grego ὑπέρ hypér (arriba) e do εἰκων eikon (imaxe, pintura, bordado): quizais pola presenza de glándulas negras semellantes a un bordado presente nas flores de moitas especies deste xénero.
Pulchrum: epíteto latino que significa guapo, de bo parecido.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: