Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Dunas
COR DA FLOR: Azulado a branco
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Especie en perigo debido á presión humana sobre o seu hábitat. Endémica do noroeste peninsular cunhas poucas poboacións
na provincia da Coruña e no norte de Pontevedra.
Medra en pastos litorais de dunas semimóbiles.
Acada ata 13 cm coas caules erectas ou decumbentes.
Ten un aspecto glauco (de cor verde claro a branco azulado).
Follas espatuladas coa marxe ciliada, de ata 3 x 1 cm.
As flores teñen o cálice dividido ata a base en 5 lóbulos e a corola tamén con 5 lóbulos branco azulados.
En moitas guías atópase co anterior nome aceptado Omphalodes littoralis Lehm.
Etimoloxía:
-Iberodes: da fusión de Ibericus (Ibérico) e do xénero Omphalodes no que se inseriron anteriormente estas plantas, é dicir, plantas relacionadas con ese xénero e orixinarias da Península Ibérica. Omphalodes deriva do grego omphalos que significa "embigo" e de eidos que significa "aparencia", en referencia á forma dos seus froitos.
- Littoralis: de litus lido (praia, litoral, de praias), polo seu medio ambiente de crecemento.