Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Bienal
HÁBITATS:
Bosques Pastos Brañas
COR DA FLOR: Amarelo
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
Pódese atopar en toda Galicia e medra en pradeiras, bordes de camiño húmidos ou ribeiras.
Recoñécense por verse en lugares moi húmidos e por esos capítulos anarelos (flores nas compostas) de 15-24 mm de diámetro. As follas son moi diferentes, de abaixo a arriba: enteiras a máis crenadas e lirado pinnatífidas (poden verse nas fotos).
En moitas guías botánicas pode atoparse co anterior nome sinónimo de Senecio aquaticus Hill.
Jacobaeade: de Jacob (en hebreo Ya'aqôbh), un dos patriarcas a quen se lle tería dedicado o xénero. Para outros derivaría de Giacomo e o xénero estaría dedicado a Santiago Apóstolo (NB. Os nomes persoais Giacomo, Iacopo e Jacopo non son máis que unha variante de Xacobe).
Aquaticus: epíteto latino que significa acuático, en referencia ao seu hábitat.