Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Arbustos - Folla perenne
HÁBITATS:
Bosques Ornamental / produtiva
COR DA FLOR: Branco
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 4
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie, que medra como arbusto ou pequena árbore de 2-5 metros, procede do Xapón e é tan habitual como sebe que se naturalizou e medra en zonas de bosque humanizadas, xardíns e beiras de camiños ou preto de onde foi cultivado. Sobre todo vese cara o litoral galego e a xente chámalle erroneamente mirto, xa que o mirto é outra especie.
Pódese confundir con outros ligustrum que se usan en xardinería, polo que hai que atender ás follas, á flor e ao froito para diferencialos (pódese ver na foto unha comparativa das flores sacada da Flora ornamental española).
Tamén é semellante ao Ligustrum lucidum, inda que este ten máis porte arbóreo e pode acadar ata os 15 m de alto.
Ligustrum: nome en latín para o xénero L. vulgare, procedente de ligare (amarrar), porque as súas ramas longas e flexibles se usan con tal propósito.
Ovalifolium: de ovo, óvulo e folium (follas): coas follas ovaladas.