DESCRICIÓN:
Esta especie podemos atopala en Galicia en lugares húmidos: taludes, ribeiras, turbeiras .
Ten unhas flores moi características con dous lóbulos no labio superior e tres no inferior.
Os nomes comúns fan referencia a súa toxicidade.
Lobelia: xénero dedicado por Linneo ao botánico flamenco Mathias de Lobel ou de L'Obel, latinizado en Matthaeus Lobelius (1538-1616), médico da corte de Londres e autor dunha famosa Historia plantarum.
Urens: epíteto latino que significa "con escozor", pola súa toxicidade.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: