DESCRICIÓN:
Especie doada de atopar en lugares encharcados de toda Galicia, ainda que o epíteto faga referencia ao seu pedúnculo, o rabiño das flores, pódese diferenciar dentro do seu xénero por un porte maior e polos talos fistulosos (ocos).
Lotus: do grego λωτός lotós, planta mítica, da que Homero narra na Odisea, que tiña a propiedade de facer perder a memoria: algúns eruditos, comezando por Teofrasto, teríana identificado coa xuvia (Zizyphus lotus), dos seus froitos pódese obter unha bebida alcólica con efectos intoxicantes, Plinio con pirata (Celtis australis).
Pedunculatus: este epíteto fai referencia ao seu longo pedúnculo.