DESCRICIÓN:
Especie que pode atoparse na Galiza en bosques, fragas ou xunto a regatos e fontes, en lugares moi húmidos.
Lysimachia: de Λυσίμαχος Lysimachos Lysimaco (~ 361 a. C.-281 a. C.), diádoco xeral macedonio de Alexandre Magno, conta a lenda que Lisímaco alimentaba os seus bois con esta planta para calmalos. Segundo Linneo podería derivar de Lisímaco, rei de Sicilia, do que Plinio tamén escribe. Λυσίμαχος derivaría de λύσις μάχη lýsis máche que disolve a batalla, o mesmo significado que loosestrife, nome común en inglés deste xénero.
Nemorum: epíteto latino do xenitivo plural de nĕmŭs, nemoris bosco: dos bosques.