DESCRICIÓN:
Non é unha especie común, ainda que si moi vistosa, e florece en beiras de ríos e charcas. Pode verse nas 4 provincias galegas.
Lysimachia: de Λυσίμαχος Lysimachos Lysimaco (~ 361 a. C.-281 a. C.), diádoco xeral macedonio de Alexandre Magno, conta a lenda que Lisímaco alimentaba os seus bois con esta planta para calmalos. Segundo Linneo podería derivar de Lisímaco, rei de Sicilia, do que Plinio tamén escribe. Λυσίμαχος derivaría de λύσις μάχη lýsis máche que disolve a batalla, o mesmo significado que loosestrife, nome común en inglés deste xénero.
Vulgaris: epíteto latino que significa común, ordinario.