Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Árbores - Folla perenne
HÁBITATS:
Pastos Infértiles Dunas Ornamental / produtiva
COR DA FLOR: Branco, violeta, rosa.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 4
NÚMERO DE SÉPALOS: 4
MESES DE FLORACIÓN:
En Galicia podemos ver esta especie procedente de xardinería, considérase nativa en Tarragona e Illas Baleares, orixinaria do oeste mediterráneo.
Medra en zonas humanizadas, beiras de camiños, xardíns ou entornos dunares alterados.
Outra especie deste xénero que medra en Galicia é Matthiola sinuata. Entre outros detalles, esta ten un indumento (pelosidade) denso que cubre a superficie da folla, a diferencia de Matthiola incana con indumento máis laxo e coas flores máis chamativas, de aí o seu uso en xardinería.
Matthiola: xénero dedicado a Pietro Andrea Mattioli (1500-1577), médico e botánico sienés que escribiu unha das primeiras obras botánicas da Idade Moderna.
Incana: epíteto latino que provén de canis, que significa gris pálido, en alusión á cor dos pelos da planta.