Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Bosques Pastos Infértiles
COR DA FLOR: Amarelo, azul.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
NÚMERO DE SÉPALOS: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que pode verse en toda Galiza, arvense e viaria, que medra en cultivos, beiras de camiños, xardíns..., e claros de bosque.
Pode diferenciarse dentro do seu xénero por ter a corola pequena, de 1-3 mm de diámetro, e porque as flores van mudando de cor a medida que maduran, de branco ou amarelo a azul.
Nestas fotos pode verse a subespecie dubia, con flores que mudan de branco ou amarelo claro a azul e con corola de 1-2mm. A outra subespecie que pode verse é a discolor, con corola que muda de amarelo a azul e máis grande, de 2-3 mm de diámetro.
O nome común refírese a todas as especies dentro do xénero Myosotis.
Myosotis: do grego μῦς, μυός mys myós (rato) e de οὖς, ωτόϛ oús, (oído): orella de rato, referido ás súas follas.
Discolor: epíteto latino que significa de dúas cores.