Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Folla perenne
HÁBITATS:
Pastos Brañas Dunas
COR DA FLOR: Azul
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
NÚMERO DE SÉPALOS: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Especie que atoparemos nas catro provincias galegas, en prados encharcados temporalmente ou beiras de ríos e regatos, moitas veces preto da beiramar.
Dentro deste xénero con especies complicadas de diferenciar temos que atender a estas claves:
- Especies con pelos no cálice curtos, aplicados (pegados ao talo) e antrorsos (dirixidos cara ao ápice).
- Especie estolonífera (os estolóns son brotes laterais que enraízan e dos que medran talos novos).
Con isto estariamos ante dúas especies:
- Myosotis secunda Al. Murray: núculas (froito) de 1'2-1'4mm, agudas ou subagudas. Talo con numerosos pelos longos e patentes (90° con respeito ao eixo). Follas medias tamén con pelos longos e patentes polo menos no envés.
- Myosotis stolonifera (J. Gay ex A. DC.) Leresche & Levier: núculas de 1-1'2mm obtusas. Talos con poucos ou ningún pelo patentes e follas medias con pelos curtos, aplicados e antrorsos.
Myosotis: do grego μῦς, μυός mys, myós (rato) e οὖς, ωτός oûs, ōtós (oído): orella de rato, referido ás súas follas.
Secunda: do latino secundus, dispostos con flores, inflorescencias ou follas só nun lado, unilateralmente.