DESCRICIÓN:
Planta de 15-42 cm, cun pequeno bulbo subgloboso de 10-20mm. Ten 2 ou 3 follas e escapo cunha única flor amarela, cos tépalos reflexos. É unha planta endémica de Galicia e do norte de Portugal, pódese atopar nas catro provincias galegas, pero é mais rara no norte.
Narcissus: deriva da palabra grega : ναρκὰο, narkào (= narcótico) e refírese ao cheiro penetrante e embriagador das flores dalgunhas especies (algúns argumentan que a palabra deriva da palabra persa نرگس e que se pronuncia Nargis , que indica que esta planta é embriagadora).
Cyclamineus: de Cyclamen, do grego κύκλος cýclos ou κύκλα cýcla círculo e extensamente todo o que é redondo.