Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Raiz perenne
HÁBITATS:
Acuático doce
COR DA FLOR: Branco
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 4
NÚMERO DE SÉPALOS: 4
MESES DE FLORACIÓN:
Especie hidrófila (que medra total ou parcialmente sumerxida) que pode atoparse en augas pouco profundas ou bordos de cursos de auga.
Pode acadar ata o metro de lonxitude con nós enraizantes. As follas son pinnadas con 2-6 pares de foliolos.
Como tódalas da súa familia ten 4 pétalos en cruz e froitos en silicua (cápsula alongada a modo de casca).
Consúmese como verdura, coñecida popularmente como berro, pero desaconséllase a súa colleita silvestre se non se ten a seguridade de que medra en augas limpas.
Pódese atopar nalgunhas guías botánicas co nome sinónimo de Rorippa nasturtium-aquaticum.
Nasturtium: de násus (nariz) e de tórtus (torto): que fai torcer o nariz co seu cheiro penetrante e sabor acre.
Officinale: plantas utilizables en Farmacéutica, fitoterapia, licores, perfumería e similares.