DESCRICIÓN:
Especie invasora, común en bordes viarios, lugares alterados, areosos ou xardíns.
Pode acadar o metro e medio de alto con roseta basal de follas. Diferénciase doutras especies parecidas do xénero polos seus grandes pétalos (3'5 - 5'5 cm), polos sépalos avermellados, polo estilo máis longo que os estames e polos froitos atenuados no ápice (máis estreitos na punta).
Oenothera: do grego οἶνος óinos (viño) e de θήρ thé (salvaxe), porque se buscaba a raíz para aromatizar o viño.
Glazioviana: en homenaxe ao enxeñeiro Francois Auguste Marie Glaziou (1828-1906) erudito da botánica do Museo de Historia Natural de París e autor dunha Flora do Brasil.