DESCRICIÓN:
Esta especie atopámola en Galicia en pastos, pero o máis común é en areais costeiros.
Os talos acadan ata os 60 cm. As follas, a maioría basais, son compostas, alternas e trifolidas e cos foliolos dentados e pubérulas glandulosas (en referencia ao pelame).
As flores teñen unha corola de 8-15 mm co estandarte rosado e as quillas e ás branquexadas.
Ononis: nome grego para os abreollos, nome común para varias especies; de onos (asno) e quizais oneris (deleite), porque se di que os asnos gustan de comer esta planta.
Diffusa: difuso, disperso, pola forma do seu crecemento.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: