DESCRICIÓN:
En Galicia atoparemos esta especie en pastos, claros de matogueira e bosques ou terreos ruderalizados (con influencia humana, descampados, baldíos, ...).
Pode acadar ata 70 cm de alto e ten unha flor chamativa, cun labelo que imita o abdome dunha abella femia, para así atraer aos machos que acoden e fan a polinización pasando dunha a outra:
Polinizadores potenciais: Eucera (Hetereucera) taurica , Eucera (Eucera) nigrilabris ssp. nigrilabris , Eucera (Eucera) longicornis ( Hymenoptera, Anthophoridae ).
Visitante: Tetralonia (Tetraloniella) iberica ( Hymenoptera, Anthophoridae ).
Ophrys: do grego ὀφρύς ophrys (pestanas, cellas), inda que non está claro a que especie dos Ophrys debe referirse este epíteto, nin se se refire ao xénero Ophrys tal e como se entende actualmente.
Apifera: do latín apifera (que leva abellas), debido ao labelo que se asemella a unha abella.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: