Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Raíz perenne
HÁBITATS:
Bosques Montes Pastos Dunas
COR DA FLOR: Amarelo, verde, vermello.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: Non apreciables
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie medra en Galicia en pastos, claros de matogueiras, bosques e entornos dunares.
Ten 2-3 tubérculos e os talos poden acadar ata os 70 cm.
Estas chamativas flores teñen un labelo que imita o abdome dun insecto, que fai a polinización pasando dunha planta a outra.
Polinizadores confirmados: Andrena (Melandrena) nigroaenea ssp. nigrosericea, Andrena limata, Andrena (Plastandrena) bimaculata ssp. lichata (Hymenoptera, Andrenidae).
Polinizadores potenciais: Andrena barbilabris, Andrena cineraria, Andrena (Melandrena) thoracica ssp. melanópteros (Hymenoptera, Andrenidae).
Visitantes: Andrena (Chlorandrena) cinerea ssp. cinerea (Hymenoptera, Andrenidae), Osmia bicolor (Hymenoptera, Megachiolidae), Colletes cunicularius (Hymenoptera, Colletidae), Eucera nigrescens (Hymenoptera, Anthophoridae), Argogorytes mystaceus (Hymenoptera, Sphecidae).
Datos bibliográficos para España: Cazorla-Segura: Andrena nigroaenea nigrosericea (Lara Ruiz, 2009).
Ophrys: do grego ὀφρύς ophrys (pestanas, cellas), inda que non está claro a que especie dos Ophrys debe referirse este epíteto, nin se se refire ao xénero Ophrys tal e como se entende actualmente.
Sphegodes: do grego σφηκώδες sphecodes (esvelto, delgado), derivado de σφήξ, -ηκος sphéx -écos (vespa) e de εἶδος eídos (aspecto, semellanza). É dicir, delgado como a cintura dunha avespa.