DESCRICIÓN:
Especie ruderal, que se pode ver en cunetas, xardíns, fendas de paredes, cultivos, estradas... Orixinaria do SE de Asia e Oceanía, subcosmopolita (que pode atoparse en case todo o mundo).
Oxalis: nome xenérico derivado da palabra grega oxys (afiado, picante), referido ao sabor agrio das follas e do talo.
Corniculata: de corniculus diminutivo de cornus (corno): con cornos pequenos, debido á forma dos froitos.
Tamén pode atoparse frecuentemente a variedade atropurpurea ou purpurea, con talos e follas pupúreos ou avermellados. Pode verse nas fotos.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: