DESCRICIÓN:
Especie que pode verse en bosques caducifolios galegos, de xeito máis abundante nas provincias da Coruña e Lugo.
Ten unha corola infundibiloforme (en forma de funil) de cor azul violeta acabada en 5 lóbulos. Pode diferenciarse dentro das especies do seu xénero polas súas longas follas, moitas veces con pintas brancas, que non se ven no especímen das fotos presentadas.
Pulmonaria: do latino púlmo, pulmónis (pulmóns), por ser unha planta que se utilizaba para o tratamento de enfermidades pulmonares. O seu nome común, herba dos bofes, fai referencia por iso aos pulmóns.
Longifolia: epíteto latino que fai referencia as súas longas follas.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: