Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Raíz perenne
HÁBITATS:
Pastos
COR DA FLOR: Amarelo
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
NÚMERO DE SÉPALOS: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie pode verse en toda Galicia e conta con varias subespecies e variedades.
Esta, coa base engrosada da que saen raíces fibrosas non engrosadas e que medra no litoral, é a Ranunculus bulbosus subsp.bulbosus var.maritimus.
As súas raíces son tuberosas, coa cepa a miúdo engrosada, bulbiforme, con rizomas dos que saen novas raíces fibrosas ou engrosadas e tuberosas.
As follas son semellantes a outras especies como a Ranunculus repens ou a Ranunculus serpens. Aparte da raíz engrosada pode diferenciarse delas polos sépalos: nestas mencionadas son patentes (de 90° con respeito ao eixo), mentres que na Ranunculus bulbosus serían reflexos, dirixidos cara atrás, o que se aprecia ben na cuarta foto.
Ranunculus: ranciña, diminutivo de ra, polo medio acuático dalgunhas especies deste xénero. Plinio escribe "chamamos ranúnculo á herba que os gregos chaman βάτραχος bátracos, é dicir, sapo".
Bulbosus: de bulbo, polas suas raíces engrosadas.