Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Nome científico: Rumex acetosella
Tipo: Plantas Raiz perenne
HÁBITATS:
Pastos Infértiles
COR DA FLOR: Verdosas- vermellas
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR:6
MESES DE FLORACIÓN:
NOME ESPAÑOL: Acedera menor
CLASIFICACIÓN:
Plantae - Magnoliophyta - Magnoliopsida - Caryophyllales - Polygonaceae - Rumex
Pequena especie neste xénero 5-45 (80) cm; ten a maioría das follas hastadas ou saxitadas, ou sexa rematadas en punta e con dous lóbulos diverxentes na base. As flores levan un perianto de 2 verticilos trímeros (o que dá a impresión de 6 pequenos pétalos); as masculinas libres e as femininas adpresas ao aquenio (froito). A subespecie que se atopa en Galicia e en case todo o mundo (subcosmopolita) é Subsp. Angiocarpus, e diferénciase da nominal polos seus froitos coas valvas soldadas (non deixan ver o aquenio).
Rumex: nome que deriva do latín rumex, -icis f. en referencia ás follas con forma punzante ou en forma de lanza dalgunhas especies deste xénero.
Acetosella: epíteto latino que fai referencia ao sabor ácido das follas (ácido oxálico).